Ricardo Flores Pérez. |
Durante o seu servizo militar en Ferrol presenciou representacións de teatro galego. En Sada, estreará varias obras propias.O 31 de agosto de 1929 tomará o camiño da emigración. Facía o que a maioría dos veciños da súa idade, como el mesmo relataba: "En Fontán, todos os homes eran de cincuenta anos para arriba, e de vinte para abaixo. Os demás todos emigraban. Non había homes para ir o mar.
A adaptación a cidade porteña será difícil. Mais, ao pouco de chegar, integrarase nas organizacións da colectividade galega e comenzará a desenvolver unha intensa actividade cultural e política. A nivel profesional, Ricardo Flores procurará contonuar cun oficio similar ao de ferreiro, polo que se dedicará ao traballo do bronce.
Ao se establecer Ricardo Flores en Buenos Aires observará como en moitos galegos existía un rexeitamento da cultura e da lingua propias.En consecuencia, encamiñará as súas actividades a combater os preconceptos contra a lingua galega e a promover o seu uso. Ricardo empregará o teatro ou a música como medios de promoción da lingua. No ano 1934 escribirá un artigo dirixido a un rupo teatral formado en sada exhortando aos seus compoñentes a representaren obras en galego.
Ao longo de toda a súa vida, Ricardo Flores mantivose fiel as súas ideas, que xiraban en torno á defensa de autogoberno para galicia, definíndose como nacionalista.Ao pouco de se instalar en Buenos Aires integrarase na Soiciedade Nazonalista Pondal, ocupando diversos cargos directivos.A sublevación militar de xullo de 1936 motivará a disolución da Pondal en 1938, na procura dee unificar ao galeguismo pa apoiar a República. Ricardo Flores rematará por se integrar na Irmandade Galega, creada por Castelao. Tamén baixo o auspicio de Castelao participará na creación do Centro Provincial Coruñés, do que será presidente nos anos 50. Ricardo Flores formará parte do Conselolo de Galiza, institución que agrupaba a varios diputados elixidos nas últimas eleccións democráticas, entre eles Ramón Suárez Picallo.
Ricardo Flores y Suárez Picallo- |
Ricardo Flores foi, con Varela Buxán e Blanco Amor, o autor máis represen tado do teatro da emigración. A sús relación coa arte dramática iníciase na xuventude. En Sada crea a mediados dos anos 20 unha "Agrupación Artística". No Pabellón Moragra da vila estrearán as primeiras pezas da súa autoria.Xa emigrado na Arxentina, queimaría estas primeiras obras. Coa finalidade de eliminar os complexos culturais e lingüisticos dos galegos. En Buenos Aires estrearía as pezas Nai e filla (1932), Un ovo de dúas xemas (1938) y otras. Además crearía e dirixiría o grupo teatral Lugrís Freire, ligado ao Centro Coruñés.
A recopilación da lírica popular de Galicia constituíu u ha das principais dwedicacións de Ricardo Flores. Diferentes coleccións de cantigas foron editadas por el mesmo en caderrniños de forma artesanal que logo distribuía. Ricardo sería autor de diversas composicións poéticas, en gran parte tamén editadas por el. A sua poesís é de inspiración popular é, en moitos casos, está concebida cvonxuntamente con música tamén da súa autoría.Os textos en prosa completan a faceta literaria de Ricardo Flores.Baixo o epígrafe de "Contos de calquer rueiro" ten publicado varias narracións ambientadas na súa Sada natal e tiradas das lembranzas da súa xuventude.
Además, Ricardo Flores exerceo o xornalismo en diferentes revistas e periódicos da colectividade galega de buenos Aires. Numerosos artigos seus viron luz en A Fouce, Galicia, Patria Galega etc. En paraleloao seu quefacer na recollida de lírica popular, Ricardo tamén se interesou pola música. Compilaría multitude de melodías tradicionais para a súa interpretación por parte das entidades corais da colectividade. El mismo presidiu a Sociedade Coral Os Rumorosos - que contaba tamén con conxunto escénico -, formando parte do coro cantante.Ademáis, será Ricardo autor de numerosas creacións musicais. Musicará tanto os seus poemas de inspiración popular como os de corte social, centrados na defensa da lingua.
En recoñecemento a sús traxectoria, será nomeado fillo predilecto do Concello de Sada no ano 1981. Nos seus últimos anos non renunciaría a seguir participando nos actos da colectividade galega. Ricardo Flores falecería o 24 de xullo de 2002 en Buenos Aires, logo de cumprir os 99 anos
Unha comida do Centro Provincial Coruñés de Buenos Aires no ano 1957. No centro sentado, Ramón Suarez Picallo. |
Cantigas de Ricardo Flores. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario