26 jul. 2012

Ricardo Flores. Sempre en Sada.(1903-2002)

Hace una década el 24 de Julio de 2002 fallecía en la Argentina el sadense Ricardo Flores, y coincidiendo con esta fecha, á Asociación Cultural Irmáns Suarez Picallo organizó una exposición biográfica y una mesa redonda con varias personas que lo conocieron y trataron en Buenos Aires. Con este motivo se editó un cuaderno, en donde se  traza un breve recorrido por las varias facetas de este hombre que desempeñó un importante papel entre la colectividad gallega de emigrantes.Así pués copio textualmente:


Ricardo Flores Pérez.
Ricardo Flores Pérez nace en Sadadarriba, nas inmediacións da vila de Sada, un 1º de maio de 1903. Era un dos oito fillos dun fogar campesiño e mariñeiro. Con oito años comenza a ir a  escola, e algún tempo despois pasará a cursar estudios nocturnos para compatibilizalos co traballo. Desde neno, axudará nas tarefas do campo. e axiña comezará a traballar na forxa dun familiar.

Durante o seu servizo militar en Ferrol presenciou representacións de teatro galego. En Sada, estreará varias obras propias.O 31 de agosto de 1929 tomará o camiño da emigración. Facía o que a maioría dos veciños da súa idade, como el mesmo relataba: "En Fontán, todos os homes eran de cincuenta anos para arriba, e de vinte para abaixo. Os demás todos emigraban. Non había homes para ir o mar.

A adaptación a cidade porteña será difícil. Mais, ao pouco de chegar, integrarase nas organizacións da colectividade galega e comenzará a desenvolver unha intensa actividade cultural e política. A nivel profesional, Ricardo Flores procurará contonuar cun oficio similar ao de ferreiro, polo que se dedicará ao traballo do bronce.

Ao se establecer Ricardo Flores en Buenos Aires observará como en moitos galegos existía un rexeitamento da cultura e da lingua propias.En consecuencia, encamiñará as súas actividades a combater os preconceptos contra a lingua galega e a promover o seu uso. Ricardo empregará o teatro ou a música como medios de promoción da lingua. No ano 1934 escribirá un artigo dirixido a un rupo teatral formado en sada exhortando aos seus compoñentes a representaren obras en galego.

Ao longo de toda a súa vida, Ricardo Flores mantivose fiel as súas ideas, que xiraban en torno á defensa de autogoberno para galicia, definíndose como nacionalista.Ao pouco de se instalar en Buenos Aires integrarase na Soiciedade Nazonalista Pondal, ocupando diversos cargos directivos.A sublevación militar de xullo de 1936 motivará a disolución da Pondal en 1938, na procura dee unificar ao galeguismo pa apoiar a República. Ricardo Flores rematará por se integrar na Irmandade Galega, creada por Castelao. Tamén  baixo o auspicio de Castelao participará na creación  do Centro Provincial Coruñés, do que será presidente nos anos 50. Ricardo Flores formará parte do Conselolo de Galiza, institución que agrupaba a varios diputados elixidos nas últimas eleccións democráticas, entre eles Ramón Suárez Picallo.


Ricardo Flores y Suárez Picallo-

Ricardo Flores foi, con Varela Buxán e Blanco Amor, o autor máis represen tado do teatro da emigración. A sús relación coa arte dramática iníciase na xuventude. En Sada crea a mediados dos anos 20 unha "Agrupación Artística". No Pabellón Moragra da vila estrearán as primeiras pezas da súa autoria.Xa emigrado  na Arxentina, queimaría estas primeiras obras. Coa finalidade de eliminar os complexos culturais e lingüisticos dos galegos. En Buenos Aires estrearía as pezas Nai e filla (1932), Un ovo de dúas xemas (1938) y otras. Además crearía e dirixiría o grupo teatral  Lugrís Freire, ligado ao Centro Coruñés.

A recopilación da lírica popular de Galicia constituíu u ha das principais dwedicacións de Ricardo Flores. Diferentes coleccións de cantigas foron editadas por el mesmo en caderrniños de forma artesanal que logo distribuía. Ricardo sería autor de diversas composicións poéticas, en gran parte tamén editadas por el. A sua poesís é de inspiración popular é, en moitos casos, está concebida cvonxuntamente con música tamén da súa autoría.Os textos en prosa completan a faceta literaria de Ricardo Flores.Baixo o epígrafe de "Contos de calquer rueiro" ten publicado varias narracións ambientadas na súa Sada natal e tiradas das lembranzas da súa  xuventude.

Además, Ricardo Flores exerceo o xornalismo en diferentes revistas e periódicos da colectividade galega de buenos Aires. Numerosos artigos seus viron luz en A Fouce, Galicia, Patria Galega etc. En paraleloao seu quefacer na recollida de lírica popular, Ricardo tamén se interesou pola música. Compilaría multitude de melodías tradicionais para a súa interpretación por parte das entidades corais da colectividade. El mismo presidiu a Sociedade Coral Os Rumorosos - que contaba tamén con conxunto escénico -, formando parte do coro cantante.Ademáis, será Ricardo autor de numerosas creacións musicais. Musicará tanto  os seus poemas de inspiración popular como os de corte social, centrados na defensa da lingua.

En recoñecemento a sús traxectoria, será nomeado fillo predilecto do Concello de Sada no ano 1981. Nos seus últimos anos non renunciaría a seguir participando nos actos da colectividade galega. Ricardo Flores falecería o 24 de xullo de 2002 en Buenos Aires, logo de cumprir os 99 anos


Unha comida do Centro Provincial Coruñés de Buenos Aires no ano 1957. No centro sentado, Ramón Suarez Picallo.
Cantigas de Ricardo Flores.
Algunas de las Cantigas que escribió Ricardo Flores Pérez en Buenos Aires.


No hay comentarios:

Publicar un comentario